Início / Menu Diócesis / Noticias

Reunión do equipo diocesano de pastoral


O luns 29 de maio tivo lugar no bispado de Lugo unha reunión de traballo do equipo de pastoral diocesano. A el asistiron o Bispo, monseñor Alfonso Carrasco; o Vicario Xeral, Mario Vázquez; o Vicario de Pastoral, Luis Manuel Rodríguez e os delegados episcopais. Nesta ocasión, o encargado diocesano de bens inmobles, Miguel Ángel Gómez Vázquez, foi o encargado de presentar a labor que se realiza desde o seu departamento.