Início / Menu Diócesis / Noticias

Formación para catequistas sobre a Biblia


A Delegación Episcopal para a Educación na Fe organiza, na mañá do vindeiro sábado 3 de decembro, unha xornada de formación para catequistas. O encontro terá lugar no Seminario Diocesano e desenvolverase entre as 10 e as 13 horas. O tema principal será a pedagoxía da Biblia.. Para máis información, pode enviarse un correo electrónico a catequesis@diocesisdelugo.org.