Início / Menu Diócesis / Noticias

A Catedral de Lugo celebra a Santa Icía


Con motivo da celebración da patroa da música, Santa Icía, a Diocese de Lugo e a Catedral organizaron unha serie de actos. O martes 22 celebrouse, na basílica lucense, unha Eucaristía solemne na que participaron as agrupacións musicais Cantar Delas, Conxunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral Ecos do Miño, Coro do Hospital de Lugo, Grupo Vocal Sólo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes e Schola Gregoriana Lucensis. E na tarde do mércores 23, na capela do Bo Xesús da seo, tivo lugar un concerto no que actuaron Concentus Lucensis, Coro do Hospital, Orfeón Lucense e Solo Voces na parte coral; na parte instrumental interviron os organistas Nicolás Varela e Giulio Mercati.