Início / Menu Diócesis / Noticias

Perucki e Concentus Lucensis pechan o ciclo «Música no Camiño Primitivo»


Este pasado mércores, 10 de agosto, Catedral de Santa María de Lugo acolleu o último concerto desta do ciclo “Música no Camiño Primitivo”. Actuaron o coro Concentus Lucensis e o organista Roman Perucki. 

Esta iniciativa, organizada polo Centro Eucarístico Lucense e a Alcaldía de Lugo, coa colaboración da Xunta de Galicia, comezou o 15 de xullo na Capela do Carme e continuou, en distintas datas ao longo do mes, nas igrexas de San Miguel de Bacurín, San Vicente do Burgo e San Martiño de Poutomillos, todas no concello de Lugo.