Início / Menu Diócesis / Noticias

Clausura do curso pastoral no Cebreiro


O tradicional encontro diocesano de clausura do curso pastoral será, neste ano, o venres 9 de xuño, e terá lugar, no Santuario do Cebreiro. A xornada, dirixida a sacerdotes, persoas consagradas e fieis laicos, desenvolverase do seguinte xeito:

  • 11:00 h: Acollida – Oración.

  • 11:15 h: Reflexión: «Ó amor a Eucaristía. A súa reserva no sagrario».

  • 12:15 h: Descanso.

  • 12:45 h: Celebración da Santa Misa

  • 13:30 h: Súplica a Santa María.

  • 14:00 h: Xantar

Organízase o xantar para os que o desexen e, dende Lugo ponse un autobús, que sairá da Avda. Ramón Ferreiro, fronte ao Instituto Ollos Grandes, ás 9:15h da mañá. É necesario anotarse para a comida e para o desprazamento en autobús antes do 6 de xuño. O prezo aproximado da comida é de 16€ e o do autobús de 15€. Para inscribirse é preciso chamar ós teléfonos 616 851 718 e 982 214 265 antes do 6 de xuño.