Início / Menu Diócesis / Noticias

Círculo de Silencio en Lugo


Este xoves 26, de 20.00 h. a 20:30 h., ten lugar na praza Maior da cidade Lugo un círculo de silencio. Estas iniciativas comezaron en Fracia a finais do 2007. Trátase, como explican na súa web, "dun movemento Nonviolento que apela á conciencia dos quen fan as leis" co fin de "reunir ás persoas que ven a necesidade de unirse fronte ás leis que están a machacar a dignidade das persoas inmigrantes" co desexo de lograr "unha cultura nonviolenta nunha actitude de respeto fronte o que sufre, e coa mirada en minar o apoio da sociedade a estas leis inxustas". Lugo comezou a sumarse en abril do 2011.