Início / Menu Diócesis / Noticias

Celebrada a segunda sesión da escola de formación sobre a Eucaristía


Este pasado martes, 24 de xaneiro, tivo lugar, no Seminario de Lugo, a segunda sesión da escola de formación sobre a Eucaristía. O licenciado en Teoloxía Litúrxica José Sánchez Piso explicou a liturxia da Palabra relatando algúns intres da súa historia: os primeiros cristiáns lían todo o referido a Xesús no Antigo Testamento; tras uns anos de estudo, en 1969 establécese a distribución das lecturas tal como se fai hoxe na celebración da Misa. Simplificando moito, indicou Sánchez Piso que a primeira lectura, do Antigo Testamento, é teolóxica (fala de Deus), mentres que a segunda lectura é exemplificante, moral. Finalmente, falou do acto de incensación, que non só ten como finalidade honrar senón tamén purificar.

O encontro estivo organizado pola delegación episcopal de Laicos, Familia e Vida, que programa a seguinte sesión para o 7 de marzo.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March
Más