Início / Menu Diócesis / Noticias

13, 14 e 15 de marzo: Xornadas Abertas de Teoloxía 2023


O salón rexio do Círculo das Artes de Lugo, acolle un ano máis as Xornadas Abertas de Teoloxía. Esta 37ª edición terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo, ás 20.30 h e desenvolverase baixo o título “Un encontro actual con Cristo”. 

  • Luns 13 de marzoAs riquezas do Domingo e das festas cristiás

Relator: D. Antonio Astigarraga Mateos. Sacerdote da Diocese de San Sebastián. Doutor en Teoloxía, especialidade Liturxia, pola Facultade de Teoloxía de Cataluña. Párroco e profesor.

  • Martes 14 de marzo. Unha participación que renova a vida

Relator: D. Jaume González Padrós. Sacerdote da Arquidiocese de Barcelona. Doutor en Teoloxía, especialidade Sacramentaria, polo Pontificio Ateneo San Anselmo (Roma). Párroco e profesor.

  • Mércores 15 de marzoO sentido teolóxico da Carta Apostólica Desiderio desideravi

Relator: Excmo. e Rvdmo. Mons. D. Leonardo Lemos Montanet. Bispo de Ourense. Presidente da Comisión Episcopal para a Liturxia (CEE),  Licenciado en Filosofía Teorética pola Pontificia Universidade Gregoriana (Roma), Doutor en Filosofía pola Universidade Pontificia de San Tomé (Roma), e diplomado en Arqueoloxía Sacra, Arquivística e Biblioteconomía.