O Centro de Orientación Familiar Diocesano organiza un taller para familias sobre autonomía e responsabilidade. Será no Seminario Diocesanmo de Lugo, o 17 de marzo dende as 16.30 ata as 19.30 h. Nel, a educadora de disciplina positiva Mercedes de Santalo tratará os seguintes aspectos:
-
A verdadeira meta como pais
-
Claves para potenciar a autonomía e a responsabilidade no día a día cos fillos
-
Ferramentas prácticas para instaurar hábitos de autodisciplina no fogar
A inscrición para participar pode facerse a través do teléfono 667 677 363 ou do correo info@cofdiocesano.org