VEN E SÍGUEME Vida consagrada e nova evanxelización (GAL)


Xornada mundial da vida consagrada

Un ano máis celebraremos este día 2 de febreiro, festividade da Presentación do Señor no Templo, a Xornada mundial da Vida Consagrada, co recordo da recente Xornada Mundial da Xuventude en Madrid e no horizonte do próximo Sínodo dos Bispos sobre a nova evanxelización para a transmisión da fe cristiá.
Encontrarémonos as 20h. na nosa Catedral lucense para celebrar unidos a Santa Misa, e así obedecer á palabra do Señor: ven e sígueme. A raíz do noso ser consagrados está na Súa presenza e na chamada á comuñón con El, a seguilo no seu camiño ata a cruz. Facémolo acollendo o don do seu Corpo e do seu Sangue, no estupor ante tal manifestación da singularidade incomparable do seu amor, da súa Persoa, da súa misión en favor noso. A súa resurrección enraizará no noso corazón de discípulos para sempre a certeza da verdade definitiva da súa obra e das súas palabras, da súa entrega e da súa permanencia connosco ata o fin dos tempos.
El consagrouse ao Pai, dende o inicio e ata a plenitude da obediencia na cruz; de modo que toda a súa existencia se converteu en testemuño dado ao Pai, ao Amor de Deus que o envía para que o mundo se salve por El.
Calquera membro dun instituto de vida consagrada é, pois, signo e instrumento precioso, como un sacramento para o encontro do home con Deus, tamén no noso tempo.
O testemuño do amor, dado logo segundo o carisma de cada un, abrirá os camiños do corazón nos demais e fará presente o Evanxeo do Reino nos diferentes lugares e circunstancias.
Temos que fiarnos verdadeiramente do carisma recibido e da misión proposta. É a forma histórica da nosa vocación polo Señor, da nosa pertenza a El; e da nosa resposta no radicalismo dun amor obediente, casto e pobre. Sabemos que El iniciou esta historia connosco e ten poder para levala a termo. El acompáñanos e así, nesta obediencia, dando testemuño do noso seguimento á súa vontade, cumpriremos a nosa misión evanxelizadora sempre de novo, sen que o impida o cansazo e nin sequera as nosas propias debilidades. Chéganos a súa graza, día a día.
Os nosos irmáns, e o mundo de hoxe, esperan e necesitan o testemuño da vida consagrada, da alegría, a certeza e o amor de quen coñeceu o Señor e lle entregou o seu corazón, de quen foi escollido, amado e enviado por El.
Que a nosa comuñón na Igrexa, que ten a sua fonte e a sua cima na celebración da santísima Eucaristía presidida polo Bispo diocesano xunto cos seus sacerdotes, sexa rocha e defensa da vocación, do camiño persoal e da misión de cada un no medio do mundo.
Que a santísima Virxe María, que presentou e confiou ao neno Xesús ao Pai, sexa a nosa nai e intercesora; que nos leve igualmente nos seus brazos unidos á entrega e a consagración do Fillo ao Pai, iniciada no Templo, culminada na cruz e fonte de resurrección e vida para sempre.
 

Nacimiento
12 de octubre de 1956
Villalba (Lugo)

Ordenación sacerdotal
1985

Ordenación episcopal
9 de febrero de 2008

Nombramientos
Obispo de Lugo

Presidente de la Comisión Episcopal para la Educación y Cultura

Miembro de la Comisión Permanente de la Conferencia Episcopal Española

Contactos

Dirección
Diócesis de Lugo – Obispado de Lugo
Praza Santa Maria, 1
27001 Lugo

Teléfono 
(+34) 982 231 143

Email
Envía correo