Início / Menu Diócesis / Noticias

Mons. Alfonso Carrasco: «Expresión da práctica da nosa fe é a urxencia de evitar o mal e de protexer aos máis fráxiles e pequenos»


 

A Programación Pastoral deste curso 2023-2024 leva por lema "A fe é práctica". O noso Bispo, Mons. Alfonso Carrasco, desenvolve en varios puntos as liñas de acción pastoral. Don Alfonso adica un apartado un apartado á prevención e actuación ante abusos a menores:

Outra forma de realización práctica da nosa vida como Igrexa vénnos indicada tamén como froito de todo o traballo feito nas Dioceses e a Conferencia Episcopal (CEE) para previr os casos de abusos a menores e responder adecuadamente cando se dá unha denuncia

Todas as Dioceses, e tamén a nosa, aproveitaremos este ano tanto a “Instrución” publicada pola CEE respecto diso, como o “Protocolo marco de prevención e actuación” preparado polo “Servizo de protección de menores” da CEE.

Isto terá unha primeira dimensión de coñecemento dos documentos e de formación, para asumir as súas indicacións na vida cotiá. Para iso utilizaremos tamén momentos propios da “formación permanente”; pero fará falta igualmente que o coñecemento e a formación cheguen ás zonas pastorais e ás parroquias, é dicir, aos diferentes colaboradores parroquiais ou membros das nosas institucións eclesiais que teñan relación con menores, por exemplo colexios.

Cos materiais ofrécensenos xa tamén algúns formularios, que haberá que utilizar, en vistas a asegurar que tomamos todas as medidas ao noso alcance para evitar entre nós o mal deste abuso a menores.

Podemos tomar esta tarefa, imprescindible sen dúbida, como parte da nosa participación persoal na vida da Igrexa, como expresión da práctica da nosa fe, en relación á urxencia de evitar o mal e de protexer aos máis fráxiles e pequenos. Daremos así tamén testemuño ante a sociedade, que na actualidade atópase confrontada a este respecto cun inmenso desafío.

Monseñor Alfonso Carrasco Rouco, Bispo de Lugo

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March
Más