Constitución Lucense Eucharisticum Centrum

Lo último del obispo


Queridos irmáns,

unha vez sentadas as bases da reorganización eucarística en España, asumidas polo Primeiro Congreso Eucarístico Español con sede en Valencia (1893), o entón Bispo de Lugo, Excmo. Sr. Frei Gregorio María Aguirre, constituíu o “Centro Eucarístico Diocesano” para afianzar e dar novos impulsos ás asociacións e obras eucarísticas que entón existían no ámbito da Diocese e iniciar calquera outra que favorecese o desenvolvemento da devoción ao Santísimo Sacramento da Eucaristía. A preparación e o II Congreso Eucarístico Nacional que pouco máis tarde se celebraría en Lugo (1898) deu unha importante espaldarazo ás iniciativas tomadas polo referido Centro, facéndose notar ao longo de varias décadas ata que, de feito, se tornou inoperante.

A actual insistencia do Maxisterio da Igrexa sobre a necesidade de potenciar a fe no misterio eucarístico como forza motora para a revitalización de toda a vida cristiá, atopa na nosa Diocese un eco singular polo que ten de significativo para toda ela o antiquísimo privilexio da Exposición Permanente do Santísimo Sacramento no primeiro templo da Diocese, así como por moitas outras tradicións eucarísticas arraigadas na vida do noso pobo. 

O desexo de ser fieis á identidade máis fonda da nosa Diocese e as necesidades que expón a situación actual das nosas comunidades, xunto coa vontade de acoller cordialmente o Maxisterio da Igrexa, fainos pensar na constitución dun novo “Centro Eucarístico Lucense”, cuxos Estatutos agora aprobamos. Que por intercesión da Virxe Inmaculada, poida servir este Centro para recoller o legado e a especificidade da tradición lucense nun marco pluridisciplinar, promover, enaltecer e dignificar a fe e o culto eucarístico no ámbito diocesano, dar a coñecer a abundante reflexión do Maxisterio da Igrexa sobre a Eucaristía e ofrecer un punto de referencia na reflexión teolóxica e a promoción da fe eucarística por medio de publicacións e eventos de relevancia supradiocesana.

 

Lugo, a 8 de novembro de 2011

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March