Início / Menu Diócesis / Noticias

Cita coa música este sábado en Lugo


Este sábado, 9 de xullo, terá lugar a cuarta edición da Noite Coral lucense. Organizado pola área de Música litúrxica da delegación de Liturxia, Relixiosidade Popular e Patrimonio Histórico-Artístico, consiste nunha serie de cinco concertos, realizados nunha mesma noite, en cinco lugares diferentes de Lugo, no que o público vai cambiando de sitio mentres pasea polas rúas da cidade.

Comezará ás 20.30 h. na igrexa San Pedro co Orfeón Lucense; ás 21.10 h. na Igrexa de San Froilán actuará o grupo Solo Voces; na igrexa de Santiago A Nova, ás 21.50 h., a Coral do Hospital de Lugo; ás 22.30 h. no Círculo das Artes será o turno do Gruppo Vocale S. Bernardo; e rematará ás 23.10 h. na Catedral de Santa María  coa actuación de tódalas corais anteriores xunto co Quarteto di BresciaNicolás Varela e Giulio Mercati.

 Concertos

 

Igrexa de S. Pedro – 20.30

Orfeón Lucense

Marcos Manuel Fernández Mosquera, director

Igrexa de S. Froilán – 21.10

Solo Voces

Fernando Gómez Jácome, director 

Igrexa de Santiago A Nova, 21.50

Coro do Hospital de Lugo

Elena Rodríguez Fernández, órgano

Fernando Gomez Jácome, director 

Círculo das Artes, 22.30

Gruppo vocale S. Bernardo

 Claustro da Catedral de Santa María, 23.10

Orfeón Lucense

Solo Voces

Gruppo vocale S. Bernardo

Coro do Hospital de Lugo

Quartetto di Brescia

Nicolás Varela, órgano positivo

Giulio Mercati, director

 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March
Más