Início / Menu Diócesis / Noticias

A restauración do retablo da Virxe do Rosario en Folgoso


Este vindeiro xoves, 15 de setembro, na igrexa de Santa Mariña de Folgoso do Courel, ás 19 horas, terá lugar a ponencia "Restauración do Retablo da Virxe do Rosario". Ésta correrá a cargo da restauradora, dona María Teresa López Pérez. 

No encontro, enmarcado dentro das Xornadas de Europeas do Patrimonio 2022, López Pérez explicará os procesos dunha intervención curativa no retablo desta igrexa pertencente á Diocese de Lugo. O obxectivo é mostrar ao público xeral cales son os procedementos e accións que se deben levar a cabo na protección, conservación e restauración dos bens culturais, neste caso, bens de uso cultual e litúrxico en uso e sensibilizar sobre as técnicas e materiais que se usan en restauración.

A tódolos asistentes faráselles entrega do libro "O Courel. Bajo la cruz de Santiago s. XII s. XIX".