A Catedral de Lugo acollerá este sábado, día 13, ás 18 horas, unha nova edición da Suma Poética, un encontro no que poesía e música acompañarán as celebracións ao redor do Corpus Christi.
Nesta ocasión, o recital terá como fío condutor a invitación «Alzade a mirada» (Xn 4,35), que resoou con forza durante a visita do Papa. A partir dela, distintas voces poéticas guiarán un percorrido arredor da procura de Deus, da presenza de María, do misterio da Eucaristía e da memoria dunha tradición viva.
Durante o encontro leranse textos de Ernestina de Champourcin, Manuel Altolaguirre, Gerardo Diego, Paul Claudel, Ramón del Valle-Inclán e Miguel Hernández, entre outros autores, acompañados por diversos momentos musicais.
A Suma Poética será tamén unha ocasión para volver contemplar a Catedral como lugar de fe recibida e compartida, no contexto privilexiado da Oitava do Corpus.
María José Campo





