Início / Menu Diócesis / Noticias

Xornada de formación sobre o Directorio para a catequese


O sábado 28 de xaneiro, a delegación episcopal para a Educación na Fe organizou unha xornada de formación sobre o Directorio para a Catequese. O delegado, Alberte Leiva, saudou aos presentes, “sempre dispostos a colaborar na misión de contaxiar no medio das familias, parroquias e colexios o bo ambiente do Evanxeo de Xesús. Coñecer e actualizarse en pedagoxía, estar ao tanto do que nos di a Igrexa, será como unha vara na que apoiarnos para levar adiante e con éxito a encomenda que o Señor Xesús pon nas nosas mans.” Pola súa banda, o responsable da catequese na Arquidiocese de Santiago de Compostela, Miguel López Varela, presentou o directorio