PROVINCIA ECLESIÁSTICA

Lo último del obispo


Para promover unha acción pastoral común en varias Dioceses veciñas e para que se fomenten de maneira máis adecuada as recíprocas relacións entre os Bispos diocesanos, as Igrexas particulares agruparanse en provincias eclesiásticas delimitadas territorialmente (can. 431 §1).

Tras a época romana, na que se falaba do Convento xurídico lucense, o Reino suevo, que comprendía máis que a Gallaecia romana, quedara dividido en dous sínodos: o bracarense e o lucense, feito que ocorreu cara ao ano 560. Con este motivo a sede lucense quedou constituída en sede metropolitana do sínodo do seu nome, que abarcaba as sedes de Lugo, Tui, Iria, Bretoña, Ourense e Astorga. O rei visigodo Leovixildo impediu a continuidade desta dignidade da sede de Lugo, despois de conquistar o reino suevo no ano 585 e colocar en Lugo como bispo ao arriano Becila e desterrar ao metropolitano Nitixio.
Reconquistada Lugo cara ao 745 por Alfonso I do poder dos árabes, quen parece sometérana desde o 713, e instalado Odoario nesta sede, volveu gozar do carácter metropolitano ata a restauración de Braga cara o 1071. Como durante este período Braga estivo unida a Lugo os bispos, aínda que residentes en Lugo, intitulábanse indistintamente lucenses, bracarenses ou metropolitanos.
Ao producirse o Cisma de Occidente as igrexas de Portugal prestaron obediencia a Roma. En cambio, as de Galicia, o mesmo que as de Castela, sometéronse ao Papa de Avignon. Nesa época, no ano 1395, as dioceses galegas deixan de depender de Braga e pasan a ser sufragáneas de Santiago de Compostela.

 

Actualmente conforman a Provincia eclesiástica as Dioceses de:

 

Santiago de Compostela

 

Lugo

 

Mondoñedo-Ferrol

 

Ourense

 

Tui-Vigo

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March