Início / Menu Diócesis / Noticias

Presentación do libro “Xesús Mato, 90 anos… e 50 do seu Fuxan os Ventos”


Este martes, 17 de xaneiro, preséntase ​​​​​​​Xesús Mato90 anos… e 50 do seu Fuxan os Ventos. O acto terá lugar na Casa do Concello de Paradela (Lugo) ás 12.00 horas e na Biblioteca Provincial de Lugo (Biblioteca Nodal) ás 20.00 horas. 

Ademais do homenaxeado, intervirán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; a escritora Marisol Bravos; Xulio Xiz, un dos coordinadores do libro; e Ángel Fernández, fillo predilecto do concello de Paradela.

Nas 166 páxinas da obra trátanse diversos aspectos da vida de Xesús Mato: a infancia, o Seminario, o sacerdocio, a guerra, a lingua, a cultura, a primeira parroquia, a música, Auxilia, etc. Sobre todo isto escriben Alfonso Blanco, Marisol Bravos, José Crespo, Ángel Fernández, Marcos Fernández, Valentín García, Mero, Manuel Lombao, Arximiro López, Mini, Eloy Rodríguez, Santiago Rodríguez, Carlos Rodríguez, Isidoro Rodríguez e Lola Tourón.