Início / Menu Diócesis / Noticias

Pregón de Nadal na cidade de Lugo


Este pasado mércores, 21 de decembro, tivo lugar o  tradicional pregón de Nadal no salón de actos de Afundación, na cidade de Lugo. O acto, presidido polo Bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco,  foi presentado por Manuel Romay, presidente da asociación de belenistas de Lugo, organizadora do evento.

O pregón correu a cargo do notario José Manuel López Cedrón, para quen "o Nadal conmemora e lembrar que Xesús nace en Belén por amor á humanidade, por todas as xentes de boa vontade". Tamén sinalou que "ningunha outra celebración resistiría se sufrise os ataques soportados polo Nadal, que é indestrutible: hai unha luceciña que non se apaga".

Ao final do acto, o público asistente disfrutou da actuación do Orfeón Xoán Montes que, baixo a dirección de Pablo Rico, interpretou varias panxoliñas.