Início / Menu Diócesis / Noticias

Participación de Lugo no I Simposio Internacional sobre o Retablo Iberoamericano


A Cátedra de Estudos do Patrimonio Artístico “Alberto C. Íbáñez” da Universidade de Burgos, o Museo do Retablo de Burgos e a Facultade de Teoloxía do Norte de España, organizou o I Simposio Internacional sobre o Retablo Iberoamericano. Tivo lugar en Burgos os días 7, 8 e 9 de setembro de 2023.

Nesta reunión científica participaron como relatoras algúns dos máis prestixiosos estudosos deste xénero e preténdese tamén que todos aqueles investigadores que, nestes intres traballan sobre o mundo do retablo, desde distintos puntos de vista, acheguen os seus resultados a través de comunicacións que serán publicadas por unha editorial de referencia.

O día 8 foi o turno de Marcos Calles Lombao, do museo catedralicio de Lugo, e de don José Antonio Ferreiro Varela, delegado episcopal de Patrimonio Artístico da nosa Diocese. Calles Lombao dirixiu a ponencia “Os mestres do antigo retablo plateresco da Capela Maior da Catedral de Lugo: de Cornielles de Holanda a Agustín Baamonde” e don José Antonio Ferreiro, xunto con Jesús Salvador López, outra sobre “A retablística do S. XIX na Catedral de Lugo: Manuel de Prado e os retablos do Bo Xesús, San Xosé e Santa Lucía”.

 

 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March
Más