Início / Menu Diócesis / Noticias

O coidado do patrimonio na formación permanente


Este mércores, 28 de decembro, tivo lugar unha nova xornada de formación permanente; neste caso, baixo o título “O patrimonio eclesiástico: ferramentas para a súa protección e intervención”.

O delegado episcopal de Patrimonio da diocese de Ourense, Luis Manuel Cuña Ramos, foi o encargado da primeira comunicación, baseada na carta circular publicada no ano 1999 pola Pontificia Comisión para os Bens Culturais da Igrexa co título “Necesidade e urxencia do inventario e catalogación dos bens culturais da Igrexa”. 

A segunda comunicación correu a cargo da subdirectora xeral de Protección do Patrimonio Cultural, Beatriz González Loroño quen explicou o réxime xurídico das intervencións en bens de interese cultural e catalogados.

 A xornada, que se celebrou na parroquia da Milagrosa, en Lugo, concluíu cunha visita ao depósito de bens culturais da Diocese de Lugo.