Início / Menu Diócesis / Noticias

O Bispo de Lugo lembra que «Galicia estivo sempre acompañada pola Biblia»


Este pasado martes 17, presentouse no Seminario Diocesano de Lugo a nova edición da Biblia en galego. No acto estiveron o presidente da editorial SEPT, Francisco Domínguez; o responsable da edición, Silvestre Gómez; o secretario xeral de Política Lingüìstica da Xunta de Galicia, Valentín García; e o biblista e traductor Rvdo. Xosé Antonio Salgado; e o Bispo, Mons. Alfonso Carrasco, encargado de clausurar o acto. Monseñor lembrou que "a nosa terra, o que hoxe chamamos Galicia, estivo acompañada pola Biblia desde que ten memoria."