Início / Menu Diócesis / Noticias

Nomeamentos Diocesanos


Este mércores, 27 de xullo, o Bispado de Lugo publicou os nomeamentos feitos polo Señor Bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco:

  • Delegado de Vida Consagrada: nomeado o padre Ramón Pascual Garrido, misioneiro comboniano. 
     
  • Departamento de Laicos; nomeado director don Miguel Ángel Mouriz Lamas, laico, profesor no colexio María Auxiliadora de Lugo.

 

  • A Delegación de Laicos, Familia y Vida organízase en varios departamentos:
  1. Departamento de Familia e Vida; nomeado director o matrimonio formado por dona María Expósito e don David Rodríguez. 
  2. Departamento de Maiores; nomeado director o reverendo Miguel Asorey Otero.
  3. Departamento de Movementos, Irmandades e Confrarías; encárgaselle a dirección ao reverendo Nicolás Susena Presas, delegado episcopal responsable de esta delegación.

 

  • Director – Xerente da Fundación Fraternidade, encargada do coidado da residencia sacerdotal: elixido e nomeado o reverendo David Varela Vázquez, rector do Seminario Diocesano Conciliar, canónigo da S.I. Catedral de Lugo e profesor da universidade.

 

PARROQUIAS:

  • Padre Ramón Pascual Garrido, misionero comboniano: nomeado in solidum para o equipo sacerdotal das unidades 1 e 4 da zona pastoral de Palas de Rei (Lugo), no arciprestado de Abeancos – A Ulloa.

 

  • Reverendo José García Pájaro, sacerdote diocesano: nomeado administrador das parroquias de San Xoán de Santa Comba y Santa María de Vilariño, ambas no concello da Golada e arciprestado de Deza. O reverendo Arsenio Galego Méndez pasa a xubilado.

 

  • Reverendo Alejandro Asorey Novoa, sacerdote diocesano: cesa como vicario parroquial de Santa Mariña de Chantada e é nomeado administrador parroquial de varias parroquias do concello de Taboada (Lugo): San Tomé do Carballo-Taboada, San Paio de Arxiz, San Pedro de Bembibre, San Martiño de Castro de Soengas, Santa María de Meixonfrío, Santiago de Sobrecedo, San Mamede de Torre, Santa Mariña de Vilameñe, San Miguel de Vilela e Santa María de Xián.
    O reverendo Jesús Vilar Vidal pasa a xubilado.

 

  • Reverendo Ignacio Felpeto Criado, diácono: destinado á parroquia da Milagrosa da cidade de Lugo, onde continuará a formación pastoral previa á ordenación presbiteral.