Início / Menu Diócesis / Noticias

María Amparo González, nova directora de Cáritas Diocesana


Este pasado luns, 5 de xuño, foi presentada a nova directora de Cáritas Lugo, María Amparo González Méndez.

González é na actualidade a directora de operacións na empresa GSI Dotación Industrial. Na Xunta de Galicia foi directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica e, anteriormente, directora xeral de Promoción do Emprego.

No acto, presidido polo Bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco, estiveron tamén o Vicario Xeral da Diocese, don Mario Vázquez; a secretaria xeral de Cáritas Diocesana, Mónica Yáñez; o director saínte da entidade caritativa, Ginés Plaza e o delegado episcopal, don Antón Negro.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March
Más