Início / Menu Diócesis / Noticias

Formación sobre o novo Directorio para a Catequese


A delegación episcopal para a Educación para a Fe da Diocese de Lugo, organiza un encontro no que dará a coñecer o novo Directorio para a Catequese.  Será o día 28 de xaneiro, no Seminario Diocesano de Lugo, dende as 10:00 ata as 13:00 horas. O delegado de Catequese da Arquidiocese de Santiago de Compostela, Miguel López Varela, compartirá a súa experiencia e coñecementos.