Festival Internacional de Órgano

Lo último del obispo


“O Festival internacional de Órgano do Corpus Christi”, ten como obxectivo principal solemnizar a festa do Corpus Christi, que se celebra en Lugo de modo singular. Nesta cidade e na súa Diocese, parte determinante do Camiño de Santiago, a fe é comprendida e profesada dende fai moitos séculos a partir do sacramento do Corpo e do Sangue de Cristo, da súa Presenza permanente entre nós. Este saber da entrega amorosa do Señor, totalmente real na Eucaristía, é seguramente a herdanza primeira deixada entre nós polo Apóstolo. Na música sacra, interpretada ao órgano, resoará a beleza desta Presenza plena, percibida e expresada por artistas ao longo de séculos, e axudarásenos a introducirnos na anchura e a profundidade deste milagre singular do amor, en que se xuntan xa nesta terra Deus e o home. Pois “a música, verdadeira linguaxe universal da beleza, é capaz de unir aos homes de boa vontade e de invitalos a levantar a mirada cara ao Alto abríndose ao Ben e á Beleza absolutas, que teñen como última fonte Deus mesmo” (Benedito XVI). Este Festival lucense inclúese nunha rede de festivais internacionais de música sacra, denominada “A música do Peregrino”, que serán celebrados en Lugano e Morbio Inferiore (Suiza), Milán e Saronno (Italia). Todos teñen como vínculo común o Camiño de Santiago, singular vía europea de comunicación do anuncio apostólico, e a expresión sensible desta fe grazas á música de órgano e ás riquezas artísticas das distintas Igrexas e Basílicas.

Alfonso Carrasco
Bispo de Lugo

 

Saber máis sobre o Festival Internacional de Música de Órgano do Corpus Christi

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March