Início / Menu Diócesis / Noticias

Exposición de cálices na Catedral


O xoves 8 de xuño inaugúrase na Catedral de Lugo unha exposición de cálices que se manterá aberta até finais do mes de xullo. Ademais dos 16 cálices que xa están na exposición permanente, presentaranse cálices inéditos como os de Santo Estevo de Anllo, San Pedro de Villamarín, San Xoán do Campo, San Miguel de Bendoiro, Santiago de Taboada, San Xoán de Frontón ou Santa María de Castelo.