Início / Menu Diócesis / Noticias

Confirmacións en Antas de Ulla


Este domingo, 9 de setembro, a igrexa parroquial de san Xoán de Antas de Ulla (Lugo) acolleu a celebración do sacramento da Confirmación nunha Eucaristía presidida polo bispo de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco. Os confirmados estiveron acompañados polo párroco do lugar, don Javier Diéguez, a responsable da catequese parroquial e as súas familias.