Início / Menu Diócesis / Noticias

Concerto en Vilabade


O domingo 4 de xuño, ás 7 da tarde, a igrexa de Vilabade (Castroverde), acollerá lugar o último dos concertos que viñeron ofrecéndose nesta localidade baixo o título “Ó son de Santa María”. Nesta ocasión actuará Lug’ Antiga Ensemble, formación lucense que, impulsada polo músico Xosé Torres, centra a súa actividade na difusión e interpretación do legado poético e musical das Cantigas de Santa María, do rei Afonso X. A formación, creada en 2022, dispón dunha colección de instrumentos construídos para o propio autor do proxecto.