Início / Menu Diócesis / Noticias

«Con Xesús SanaMente»: Cursiño da Pastoral da Saúde de Galicia en Mondoñedo


Co lema «Con Xesús SanaMente» e coa frase do evanxeo “Déixovo-la paz, dóuvo-la miña paz: eu non vola dou como o mundo a dá. Non vos angustiedes nin teñades medo” (Xn 14,27), a cidade lucense de Mondoñedo acollerá o vindeiro 14 de outubro o 42º Cursiño Rexional da Pastoral da Saúde de Galicia.

Na súa organización participan a delegación diocesana de Pastoral da Saúde e Maiores, o SIPS (Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde, formado polas delegacións de Pastoral da Saúde das dioceses de Lugo, Santiago de Compostela, Ourense, Tui-Vigo e Mondoñedo-Ferrol). E contará coa colaboración, ademáis da municipal, dos equipos de Pastoral da Saúde do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e do Hospital Público da Mariña, e a Asociación Saúde Mental A Mariña.

Para formalizar a inscrición é necesario contactar directamente delegados de Pastoral da Saúde de cada diocese, antes do día 9 de outubro. O prezo da incrición é de 25 euros. Para inscribirse dende a nosa diocese, é preciso poñerse en contacto co delegado episcopal don Miguel Vilariño no teléfono 699 396 356.

Programa oficial

Xornada de mañá:

· 09:45-10:15 h. – Recepción e acollida.
· 10:15-10:30 h.- Oración inicial.
· 10:30 h.- Benvida por parte do bispo de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Fernando García Cadiñanos.
· 10:35 h.- Primeira parte: Charla “Axudando a medrar cando cambian os marcos”, polo Dr. Alexandre García Caballero, psiquiatra, coordinador de programas de prevención e promoción en saúde mental do SERGAS.
· 12:00-12:30 h.- Pausa-Café.
· 12:30-13:45 h.- Mesa Redonda. “Coidando e acompañando” en Saúde Mental. Coa participación de membros da Asociación Saúde Mental A Mariña: a súa directora-xerente María José Nóvoa; e a Dra. Isabel García Lado, responsable do Equipo de Continuidade de Coidados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU).
· 13:45 h.- Intervención do director do SIPS, P. Juan Benito Rodríguez Guerreiro.
· 14:00 h.- Clausura da Xornada por parte do bispo de Mondoñedo-Ferrol.

Xornada de tarde:

· 14:15 h.- Xantar no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo (prezo incluido na inscrición).
· 16:00-17:00 h.- Concerto de órgano na catedral de Mondoñedo, a cargo do mestre-organista Carlos J. Fernández Bollo.
· 17:00 h.- Eucaristía presidida polo bispo de Mondoñedo-Ferrol. Retransmisión pola canle de Youtube da diocese de Mondoñedo-Ferrol. Remate sobre as 18:00 horas.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March
Más