Obispo

CARTA PASTORAL CORPUS CHRISTI 2022 (Galego)


SOMOS O QUE DAMOS, SOMOS AMOR

Queridos irmáns,
Este 19 de xuño celebramos o día de Corpus Christi, que nos convida un ano máis a volver a mirada ao corazón da nosa existencia cristiá, á que nacemos no bautismo. Axúdanos o lema elixido por Caritas este ano 2022, en que celebra o 75º aniversario da súa constitución: “somos o que damos, somos amor”.

Poderiamos pensar que nós, con todo, non damos todo o que somos, nin teriamos tanto dominio de nós mesmos e liberdade como para facelo, de modo que puidésemos dicir que “somos o que damos”; aínda que é verdade que chegamos a ser quen somos expresándonos, dando, non quedando encerrados en nós mesmos: “é máis
felicidade dar que en recibir” (Feit 20,35).

En cambio, estas palabras son plenamente verdade ditas do noso Señor Xesucristo e de Deus mesmo: nada falta, nin hai engano no seu falar ou no seu facer, senón que nos seus dons dáse El mesmo sinceramente, está presente de todo corazón. Pois, como di Xoán (1 Xn 4,8), “Deus é amor”, é Pai que existe eternamente na entrega infinita de todo o seu ser ao seu Fillo, na unidade dun mesmo Espírito.

E en Xesús, na Palabra feita carne, este amor divino revélasenos e comunícasenos a nós. Comprendemos entón que por este amor de Deus existimos, e que nin sequera nos manteriamos un instante no ser se El non o quixese positivamente agora, neste momento. Polo que podemos dicir con completa confianza: “existo, logo son amado”.

En Xesús, no sacramento da súa entrega, revélasenos esta verdade en todo o seu significado: o Señor non nos ama limitadamente, senón que El dásenos a si mesmo, plena e completamente, a súa Persoa e toda a súa humanidade, ata a morte e a resurrección; para que nós podamos recoñecer e crer en Deus Pai e Nel, ser ricos das súas riquezas e aprender del a ser e amar.

Na acollida crente do seu Corpo e do seu Sangue, aceptamos entrar en unidade con Xesús, participar do seu Espírito e da súa vida. Non nos guiaremos entón polas paixóns deste mundo, que pasan –con todas as súas cobizas e o seu orgullo–, senón que amaremos como o Señor nos amou: certos e agradecidos á misericordia e fidelidade eternas do Pai, e facendo presente no mundo este amor; non querendo aumentar nin un gramo, nin un átomo, o odio, o desprezo, a amargura ou a desesperanza ao noso ao redor ( Etty Hillesum), senón ser para todos testemuñas conscientes da fe e da esperanza en Deus.

De feito, nós sempre damos o que somos, pero filtrado pola nosa liberdade e a nosa conciencia; moitas veces podemos dar e ser moi pouco, non alcanzando
satisfacción nós mesmos. Pero cando nos volvemos ao Señor, recoñecéndoo e adorándoo na nosa historia, presente ata o final por nós na Eucaristía, sabemos que somos amados, renóvase a nosa mente e entón cada vez máis damos o que somos, sen medo, e é cada vez máis verdade que somos o que damos, sen enganos. Ante Xesús Sacramentado, en presenza do amor de Deus, cada vez máis libremente “somos o que damos, somos amor”; podemos dar e amar con sinceridade e verdade, en palabras e obras, e crecemos cara á nosa verdadeira estatura persoal, que non está definida xa por nada nin ninguén deste mundo, senón só polo Señor. Así desexamos e pedimos vivir, e manifestámolo consciente e publicamente nas celebracións deste día.

En realidade, o lema de Cáritas deste ano é lema de cada un e de todo o noso pobo, expresa o noso ser Igrexa, vivida en primeira persoa con sinxeleza, coa humildade de quen é consciente das súas pobrezas, pero con paz e alegría. Pois non necesitamos xa buscar ou pedir gloria algunha, sabéndonos amados polo Señor. E preferimos honrar, alegrarnos e festexar este amor divino real e presente, e cantar, en todas as festas do Corpus, e ante a Eucaristía cada día, “gloria a Cristo Xesús, ceos e terra bendicide ao Señor”. Que este amor, esta caridade verdadeira, sosteña a nosa vida, o noso ser e o noso dar, a nosa convivencia fraterna e o camiño de nosa Igrexa.

Feliz festa do Corpus Cristi!

Nacimiento
12 de octubre de 1956
Villalba (Lugo)

Ordenación sacerdotal
1985

Ordenación episcopal
9 de febrero de 2008

Nombramientos
Obispo de Lugo

Presidente de la Comisión Episcopal para la Educación y Cultura

Miembro de la Comisión Permanente de la Conferencia Episcopal Española

Contactos

Dirección
Diócesis de Lugo – Obispado de Lugo
Praza Santa Maria, 1
27001 Lugo

Teléfono 
(+34) 982 231 143

Email
Envía correo