CARTA PASTORAL CORPUS CHRISTI 2016 GAL


Queridos irmáns,
Este último Domingo do mes de maio celebramos a gran Festa do Corpus Christi, no corazón do Ano Xubilar da Misericordia, que comezou o pasado 8 de decembro e clausurarase o próximo 20 de Novembro, festividade de “Cristo Rei do Universo”. A convocatoria deste ano xubilar na Bula Misericordiae Vultus facíanos volver a mirada ao Señor Xesús:
“ Xesucristo é o rostro da misericordia do Pai. O misterio da fe cristiá parece atopar a súa síntese nesta palabra”.
“Confesar con fe firme o misterio da fe”, honrar de corazón a presenza de Xesús Sacramentado convídanos a confiar e celebrar a súa misericordia, na que se fundamenta a nosa existencia e que orienta o noso obrar.
A procesión do Corpus é unha manifestación solemne desta certeza nosa polas  rúas dos nosos pobos e cidades: non podemos construír a nosa convivencia sobre a base do egoísmo, da loita polo poder e polo diñeiro. Coñecer a Misericordia, que Cristo trae definitivamente ao mundo, renova a vida de cada un e é o principio dunha cultura diversa, desexosa de xustiza e atenta ao próximo, cercana a todo necesitado.
De feito, a misericordia, con todas as súas obras, ás que nos convida con insistencia o Papa Francisco, está presente desde sempre no noso pobo cristián, na práctica cotiá dos membros da Igrexa de moitas maneiras. Porque a misericordia xera unha nova maneira de ser, unha experiencia humana movida pola esperanza e a caridade ante todos os desafíos da vida, aínda que as súas obras se realicen xeralmente de modo silencioso, segundo as palabras evanxélicas de que “a túa man dereita non saiba o que fai a esquerda” (Mt. 6, 3).
Tamén de modo silencioso, pero elocuente, séguenos falando este “sacramento” do Corpus Christi. No pan consagrado ofrécesenos toda a misericordia do Señor, que fai súas as nosas necesidades e miserias, e apórtanos remedio: pola Eucaristía únenos a El, fainos participar da súa vida e do seu amor, a nós que estamos necesitados de verdade e de xustiza, de deixar atrás o pecado e a mentira, que desexamos liberar a nosa vida da soidade e o abandono, da destrución e da morte.
Nesta festa do Corpus, unha vez máis, alegrémonos por este don inmenso do amor de Deus, acollámolo de corazón para que nos cure e de forma á nosa vida. Así poderemos ser discípulos seus e aprenderemos a vivir segundo a misericordia, a estar á beira especialmente dos irmáns necesitados, dos feridos pola mentira, a violencia ou a inxustiza.
A iso convídanos o Papa Francisco neste ano Xubilar: “É o meu vivo desexo que o pobo cristián reflexione durante o Xubileu sobre as obras de misericordia corporais e espirituais. Será un modo para espertar a nosa conciencia, moitas veces aletargada ante o drama da pobreza, e para entrar aínda máis no corazón do Evanxeo, onde os pobres son os privilexiados da misericordia divina. A predicación de Xesús preséntanos estas obras de misericordia para que podamos darnos conta de se vivimos ou non como discípulos seus.” (Bula Misericordiae vultus, 15).
Ten, pois, moito sentido que realicemos unha colecta especial a favor de Caritas neste día de Corpus. É un xesto que nos convida a unir a oración coa acción, a actuar cos criterios da fe – que creu na misericordia de Deus – non só nas nosas casas, senón tamén ante os desafíos da vida social e política, na vida privada e na pública. Esta é realmente unha posibilidade cotiá, á que todos estamos chamados, como nos lembra o lema da campaña deste ano: “Practica a xustiza, deixa a túa pegada”.
Xesús Sacramentado, presente na Santísima Eucaristía, esperta de novo a nosa esperanza ante a vida, e chámanos a ser protagonistas da nosa historia persoal e social, na construción dunha sociedade máis xusta. Que este ano nos faga especialmente conscientes da prioridade da misericordia, da urxencia das súas obras, e do protagonismo de cada un, da nosa responsabilidade para que na sociedade se recoñeza a dignidade de todos, empezando polos máis pobres e excluídos.
Que esta festa do Corpus sexa un día particular de graza para nós e as nosas familias, que nos faga sentir confortados e sostidos pola forza da misericordia do Señor. Confiemos no seu Amor e alabémolo sempre. El pode facer das nosas persoas e as nosas vidas instrumento seu para ben dos nosos irmáns. 
Feliz festa de Corpus Christi!

Nacimiento
12 de octubre de 1956
Villalba (Lugo)

Ordenación sacerdotal
1985

Ordenación episcopal
9 de febrero de 2008

Nombramientos
Obispo de Lugo

Presidente de la Comisión Episcopal para la Educación y Cultura

Miembro de la Comisión Permanente de la Conferencia Episcopal Española

Contactos

Dirección
Diócesis de Lugo – Obispado de Lugo
Praza Santa Maria, 1
27001 Lugo

Teléfono 
(+34) 982 231 143

Email
Envía correo