Início / Menu Diócesis / Noticias

A Diocese de Lugo crea a fundación «Nites»


Nites é o nome da nova fundación creada pola Diocese de Lugo. Nace coa intención de unificar o ideario dos tres centros educativos que dependen dela: o colexio diocesano San Lorenzo, o olexio diocesano La Milagrosa e o colexio María Auxiliadora, todos eles na cidade de Lugo. Todos eles compartirán principios pedagóxicos e distintas metodoloxías, ofrecendo aos alumnos unha educación integral desde unha visión humana e cristiá que lles permita medrar en todas as dimensións.