Aquí atoparas información sobre a apertura das diversas igrexas e os horarios das celebracións en cada unha delas.
Ultreia et suseia! Deus adjuva nos!
A PEREGRINACIÓN
Tempo para reavivar a Fe
Certamente o Camiño nace por unha meta, nace pola chamada que significa a tumba do Apóstolo. Non ten o seu fin en si mesmo, non pode dicirse: a meta é o camiño. Aínda que sexa un símbolo da vida humana e cristiá, valorar soamente o camiño, sería contradicirse, deixar de buscar a Deus e quedarse só en si mesmo.
Pola contra, para quen quere chegar ao sepulcro de Santiago, a experiencia da peregrinación, o tempo do camiño, prepara a reconciliación e a renovación da vida, contribúe a dar certeza e claridade á fe.
O peregrino parte para facer un camiño en primeira persoa, confiado no fondo en Deus. Deixa a súa casa e as súas propiedades; descobre que todas as cousas poden ser superfluas, que o importante é cada un, o seu verdadeiro ser. Pois, de que lle vale ao home posuír o mundo enteiro se se perde a si mesmo?
“Para unha comprensión cristiá do Camiño de Santiago”
Mons. Alfonso Carrasco Rouco
Bispo de Lugo
Aquí encontrarás información sobre a apertura das diversas igrexas e os horarios das celebracións en cada unha delas.
Camiño Primitivo
1 – SANTA MARÍA DE FONSAGRADA |
Laborables: de luns a sábado ás 20.00h (verán)/19.00h(inverno). Domingos: 12.00h. |
2 – SANTA MARÍA DE VILABADE |
Visitas: de 08.00 a 12.00 horas 2º domingo ás 12.00h. |
3 – SANTA IGLESIA CATEDRAL BASÍLICA DE LUGO |
Primeiro e terceiro domingo: ás 10,30 |
Camiño Francés
4 – SANTA MARÍA DE O CEBREIRO |
Laborables 19.00h(verán)/18.00h(inverno). Domingos e festivos: 12.00h e 19.00h(verán)/18.00h(inverno). |
5 – SANTIAGO DE TRIACASTELA |
Domingos: 13.00h. |
6 – REAL ABADÍA DE SAN JULIÁN e SANTA BASILISA DE SAMOS |
Laborables: 19.30h. Domingos: 09.30h, 12.00h, 20.00h. |
7 – SARRIA |
SANTA MARINA CONVENTO DE LA MERCED |
8 – SAN NICOLÁS DE PORTOMARÍN | Sábados: 20.00h. Domingos e festivos: 12.30h. |
10 – SAN TIRSO DE PALAS DE REI |
Laborables:19.00h. Domingos e festivos: 13.00h e 19.00h. |
12 – SAN PEDRO DE MELIDE |
Laborables: 09.30h e 19.00h (inverno)/20.00h(verán). Domingos e festivos:10.00h, 11.00h, 12.00h, 13.00h e 19.00h(inverno)/20.00h(verán). Festivos civiles sin ser domingo: 11.00h e 19.00h (inverno)/20.00h(verán). Festivos relixiosos: 11.00h, 12.00h e 19.00h (inverno)/20.00h(verán). |
13 – SANTIAGO DE BOENTE |
2º domingo de mes: 13.00h (verán)/19.00h(inverno) 14 Santiago de Taboada |
Vía da Prata
15 – DOZÓN, EL SALVADOR DE LA O |
Laborables: 20.00h. Domingos: 11.00h. |