Início / Menu Diócesis / Noticias

O bispo de Lugo recibe a representantes de Escolas Católicas


O bispo de Lugo recibiu a visita de Juana Otero, secretaria autonómica de Escolas Católicas, e de Charo Baleirón, coordinadora do departamento de innovación pedagóxica.

Durante o encontro, fixéronlle entrega dun exemplar titulado Relitermos. Do A ao Z, unha publicación que ten como finalidade dar a coñecer ao alumnado de entre 8 e 11 anos a terminoloxía relixiosa básica, ademais de conectala coa contorna e coa realidade da nosa comunidade.

Este pequeno exemplar foi elaborado por persoal de Escolas Católicas, coa colaboración da Fundación Edelvives e da Secretaría Xeral da Lingua.

Escolas Católicas é unha organización que agrupa centros educativos de iniciativa social e cristiá, promovendo unha educación integral baseada en valores evanxélicos e no compromiso coa calidade educativa e a innovación pedagóxica.