Início / Menu Diócesis / Noticias

Exposición sobre o Xubileo 2025 a Fonsagrada


Ata o 3 de agosto a parroquia de Santa María de A Fonsagrada acolle a exposición itinerante sobre o Xubileo 2025 que preparou o sacerdote do santuario da Ermida (Quiroga), Jesús Río, e que está patrocinada pola Xunta de Galicia.

A exposición consta de 10 paneis. Neles preséntase o contido da bula “Spes non confundit” de forma sinxela e respóndense a preguntas como: que é unha bula? que é un ano xubilar?, cando comeza e termina este?, que é unha indulxencia?, etc.

Como estamos en plena temporada do Camiño Primitivo, esperase que visiten a exposición unhas 500 persoas.