Ante os incendios que asolan a nosa terra

Lo último del obispo


A Diocese de Lugo únese á dor de toda a sociedade ante os graves incendios que nestes días están a afectar a diversas parroquias da nosa Diocese, da Diocese irmá de Ourense, así como a moitas outras localidades de España

Rezamos polas familias que tiveron que ser evacuadas, coa esperanza de que poidan regresar pronto aos seus fogares; por aqueles que perderon os seus bens; e por todas as persoas que están sufrindo especialmente a consecuencia desta traxedia.

Encomendamos tamén aos que loitan por protexer as súas casas e medios de vida, así como a todos os efectivos implicados nas tarefas de extinción: bombeiros, servizos de emerxencia e voluntarios. O seu esforzo, dedicación e valentía son un verdadeiro exemplo de amor e servizo aos demais.

Os párrocos das zonas afectadas están a acompañar os seus veciños nestes momentos difíciles, ofrecéndolles o seu apoio e proximidade. Unidos a eles, o noso Bispo, Mons. Alfonso Carrasco, con toda a Igrexa diocesana de Lugo ora por todas as persoas damnificadas.

Ao mesmo tempo, convidamos a todos a unirse na oración ao Señor, para que esta catástrofe cese canto antes, para que os afectados atopen consolo e fortaleza, así como a axuda fraterna necesaria nestas circunstancias. Elevemos a Deus as nosas súplicas e pregarias diariamente na Eucaristía "Para pedir choiva", así como rogativas con esa intención.

Que a Santísima Virxe María, como Nai, coide e protexa as nosas familias, fogares e pobos.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March