Historia do Cebreiro |
![]() |
A decadencia do Cebreiro comezou a facerse notar dun xeito patente no século XVI, cando se mergulla en diversos pleitos que lle fan ir perdendo privilexios pouco a pouco. Non significará moito que Carlos V, en 1520, confirme ó mosteiro dende A Coruña tódolos seus dereitos e privilexios, cando a nobreza do país está ó axexo dende tódolos lugares. Este periodo coincide tamén coa decadencia das peregrinacións compostelanas. No tanscurso dos séculos XVI e XVII será despoxado progresivamente das súas posesións e dereitos: entra en litixio cos seus lindantes... de San Martiño de Zanfoga, Santa María Magdalena de Riocereixa, San Estebo de Liñares e Hospital da Condesa.
Os séculos XVII e XVIII non son máis alentadores que os precedentes, pues o incendio que se produxo en 1641, polo que o priorato ardeu completamente, e os grandes pleitos que tivo que soster non lle permitiron levantar cabeza. Sirva como exemplo da súa situación o feito de que o 1 de marzo de 1722 O Cebreiro ten que pedir un préstamo por valor de 2000 ducados. Dende entón estará sempre empeñado e Valladolid teralle que presta-la súa axuda.
A decadencia íase
faciendo cada vez máis patente co paso do tempo, ata chegar un intre
no que a situación non se puido soster, xa que os monxes son expulsados
de O Cebreiro como consecuencia da entrada en vigor das leis desamortizadoras.
«Anos antes deste acontecemiento vivían
no Priorato dous monxes, un mozo, dous criados, unha pastora, un ciruxano
e un barbeiro» [16].
HISTORIA |
Aurillac. Establecemento dos monxes. |
depender de S. Benito o Real de Valladolid. |
pasa á xurisdición lucense. |