Historia do Cebreiro |
![]() |
A comarca do Cebreiro foi unha
zona moi castigada polas vicisitudes da guerra. Coas liortas entre ingleses
e franceses incorporáronse moitos galegos a filas inglesas para
loitar contra Francia, pero tamén se protagonizaron grandes feitos:
| "Á vez os guerrilleiros galaicos de As Nogais, animados co bo éxito que obtivieron en Augas Rubias e Brañas de Serra, arroxáronse o día 28 a embestir a corpo descuberto na serra de Alvela a unha partida inimiga que pasaba polo Cebreiro conducindo a prisioneiros ingleses, os que foron libertados e os franceses postos en fuga coa morte de algúns (...) O gobernador Founier salíu de Lugo moi airado cunha columna de franceses, para venga-la morte do seu irmán... queimou con coraxe os bosques e lugares de Campo de árbol, Ponte de Prados, Cruzul, Doncos e Pedrafita, matando ás gentes ancianas e enfermas que atopou e que non puideran fuxir ós montes" [19]. |
E o mesmo ocurreu co Mariscal Ney, que «foi acometido na retirada, pois o intrépido guerrilleiro D. Ignacio Herbón e os seus partidarios non cesaron de molestarlo no seu traxecto por Becerreá, As Nogais e Pedrafita, ocasionándolle moitos mortos, prisioneiros, feridos e colliéndolles diferentes efectos». Despois de citar outras moitas aventuras o doctor Correa conclúe afirmando que «os lucenses demostraron que aínda non se extinguira nos seus peitos aquel heroico valor dos que tanto loitaron en Cinniana, o Medulio, Lugo, O Cebreiro, Matanza, Santa Cristina e outros moitos puntos con accións que se distinguiron polo seu valor e patriotismo, sendo Galicia a primeira rexión de España que sacudíu con valentía o xugo extranxeiro» [20].
Hoxe en día ainda se poden
comprobar estas accións heroicas cando aparecen en excavacións
esqueletos de presuntos franceses que foron vencidos nestas terras. Un
dato interesante é que, durante esta guerra, o cáliz do Cebreiro
gardóuse no pobo de Foxos, debido ó perigo de saqueo da igresia
por parte das tropas invasoras. Foxos foi un dos poucas lugares que non
sufríu as consecuencias da guerra.
HISTORIA |
Aurillac. Establecemento dos monxes. |
depender de S. Benito o Real de Valladolid. |
pasa á xurisdición lucense. |