XVI Semana de formación dos cregos de Galicia

Encontro de Cregos en Poio 2001

  

   Os días 10, 11 e 12 de setembro terá lugar no Mosteiro de Poio (Pontevedra) a XVI Semana da Formación Permanente dos Cregos de Galicia. O tema deste ano é : "A saúde no ministerio sacerdotal".

   Os ponentes deste ano son os seguintes: Mariano Galve Moreno, sacerdote de Zaragoza con experiencia en saúde mental e antropoloxía, e Ignacio Guerrero Ostolaza, focolar consagrado, profesor se psicoloxía e psicoterapeuta. 

 Trátase dunha actividade organizada polas Delegacións para o Clero das dioceses galegas.

PROGRAMA


Mércores, día 10.

– Ponencia. "A Madurez do sacerdote  e o seu acompañamento segundo a Pastores davo vobis", por Mariano Galve. Dúas sesións pola pañá e unha pola tarde en torno a esta misma temática.

Xoves, día 11.

– Ponencia.  "A homoxexualidade", por Ignacio Guerrero. 

–  Comunicación de experiencias de "como vivir e convivir coa enfermidade"

– Tarde de convivencia. Escursión á Illa de Ons. 

Venres, día 12.

– "A perspectiva de xénero e as diferenzas entre sexos", por Ignacio Guerrero.

– "Madurez psicolóxica. Burn out nos consagrados", por Ignacio Guerrero.