Visita Pastoral á parroquia de San Francisco Xavier

Visita Pastoral

Momento no que o bispo visitou á comunidade das Fillas da Caridade e o Centro San Vicente de Paúl

 

Visita pastoral á parroquia de San Francisco Xavier

Entre os días  13 e 19 de febreiro, o Bispo D. Alfonso Carrasco Rouco, fará a visita pastoral á parroquia de San Francisco Xavier. Polas mañás, do luns ao xoves, estará nos colexios do barrio. A tarde do luns manterá un encontro co Consello de Pastoral e de Economía. Ao día seguinte reuniráse cos membros da Lexión de María. O mércores, D. Alfonso Carrasco Rouco estará con catequistas, a comunidade salesiana e no Centro de S. Vicente de Paúl. O día 19 irá a San Fiz. Tamén adicará un día á visita de enfermos e outro para estar cos rapaces de Confirmación.