Vida Ascendente organiza a exposición Artenova

Rastrillo de Vida Ascendente

O día 27 de maio comezou a exposición de Vida Ascendente na parroquia lucense de Santiago a Nova.  Como vén sendo usual, por estas datas o movemento de xubilados e maiores de Vida Ascendente abrirá a súa exposición ARTENOVA de manualidades varias e artigos ecolóxicos. No local da antiga sancristía da Parroquia de Santiago (A Nova) estará aberta a exposición até o 6 de xuño. A recadación irá integramente destinada a Caritas parroquial e diocesana e a un proxecto de axuda en Bolivia, de misioneiros españois. Xustificar nestes tempos o apoio ao necesitado xa non é necesario; está gravado no corazón das persoas solidarias. Coa axuda dos visitantes da exposición, Vida Ascendente espera seguir aumentando a cantidade de 150.000 € que nestes anos entregáronse aos máis pobres. Os traballos e produtos pódense entregar antes e durante a exposición na portaría da Parroquia ou á responsable Manolita López