XXII Xornadas Abertas de Teoloxía

Xornadas de Teoloxía

As xornadas de teoloxía encheron o Salón Rexio do Círculos das Artes de Lugo

 O Instituto Superior de Ciencias Relixiosas "San Agustín" e a biblioteca do Seminario organizaron as XXII Xornadas Abertas de Teoloxía. Con elas quixeron axudar -desde a Sagrada Escritura e a historia da Catequesis en Galicia- a considerar quen son os cristianos, non só hacia atrás (memoria e raíces) senón tamén cara diante (misión e plenitude). Inquedanza, tamén, coa que está convocado o Sínodo Vaticano de Obispos, do 5 ó 26 de outubro do presente ano, baixo o lema: "A Palabra de Deus na vida e na misión da Igrexa". As conferencias que tiveron lugar os días 20, 21 e 22 de febreiro foron as seguintes:

 
1. Nacemento da Igrexa á luz dos textos bíblicos.

 Carlos Gil Albiol (que ven de publicar "Reimaginando los orígenes del Cristianismo", PPC) percorreu os pasos da formación das primeiras comunidades cristiás nos textos do Novo Testamento e outros documentos e tradicións firmes. Estudios serios de interese para a vida e tamén para evidenciar o sinsentido de fantasías coma o "Código da Vinci" e outras extravagancias recentes.

 

 


2. Implantación da fe cristiana en Galicia: evanxelización e catequese.

  Desde a consideración histórica dos modos que conformaron a transmisión da fe en Galicia, o pastoralista Francisco Enríquez compartíu cos xornalistas os seus estudios e experiencia na tarefa catequística actual, continuadora daquela tradición evanxelizadora. Desafíos, urxencias e posibilidades para unha catequesis eficiente hoxe e aquí, tanto nas familias coma nas comunidades.

 
3. Fe cristiana e vida social no século vinteún.

  Partindo das características sociolóxicas da realidade actual, o bispo Don Manuel Sánchez Monge resumíu as liñas do seu maxisterio preocupación especial, sen dúbida, nestes seus comezos á fronte da diocese de Mondoñedo-Ferrol para reavivar a identidade cristiá das persoas e das familias, e camiños para renovar a misión nos nosos días, neste marco noso de Galicia.