Presentación del libro «Colección Diplomática»

Presentación del colección diplomática

A aula Magna do Seminario Diocesano de Lugo acolleu o venres 8 de xuño a presentación da obra Colección Diplomática (569-1463) de Ventura Cañizares del Rey. Ventura Cañizares foi párroco en Lalín e coengo en Lugo e Santiago. Cando faleceu en 1941 deixou unha excelente colección manuscrita de centos de documentos transcritos. A edición da obra corre a cargo de Manuel Rodríguez Sánchez e Óscar González Murado. No acto participaron Javier Diéguez Diéguez, director de La Voz de la Verdad, Manuel Rodríguez Sánchez, coautor do libro, Eduardo Pardo de Guevara e Mons. Alfonso Carrasco Rouco. É unha obra de Publicacións Diocese de Lugo,que inicia nova andadura da serie "Collectanea Lucensia".