Peregrinación Diocesana – Ofrenda al Apóstol Santiago

 Ofrenda al Apóstol

 Más de 2000 personas de toda la Diócesis

peregrinaron a Santiago

 

  El pasado día 25 de septiembre, el Obispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco,

presidió la  peregrinación diocesana a Santiago de Compostela .

 

Más de 2000 personas de distintos puntos de la Diócesis (parroquias de Lugo y de las zona de Monforte, lalín, Sarria, Baralla, Rábade, Melide, Pobra de Brollón…, se unieron en Santiago para celebrar la Eucaristía ante la Tumba del Apóstol. a celebración estuvo presidida por el Arzobispo de Santiago, Mons. Julián Barrio, y concelebrada por el Obispo de Lugo y los sacerdotes que acompañaron a los peregrinos. En la Eucaristía se hizo la invocación al Apóstol Santiago, que fue presentada por la Delegada de Apostolado Seglar, Josefina Palmeiro, en nombre de toda la Diócesis

Invocación al Apóstol Santiago

 

SEÑOR SANTIAGO,

 Esta tarde tes ante ti a un numeroso grupo de crentes da Diocese máis antiga de Galicia, unha representación da Igrexa que peregrina en Lugo, na que dende o principio gardamos tamén con agarimo e devoción a memoria da túa presenza apostólica. O teu nome titula dende moi antigo máis de 110 igrexas parroquiais e 13 capelas espalladas por todo o territorio diocesano.

Estamos hoxe unidos ante ti fieis procedentes de todos os nosos arciprestados, dende A Fonsagrada, Meira, Castroverde e Navia de Suarna ás parroquias da cidade de Lugo e dos pobos dos arredores; dende Baralla, Sarria ou Monforte a Palas de Rei e Melide, Lalín ou Silleda. Homes e mulleres que queremos agradecerche a sementeira que fixeches entre nós da fe apostólica, e deixar revivir ao teu lado as nosas raíces; confiados na tua segura intercesión ante o Señor Xesús pola nosa comunidade diocesana, polos nosos pais e antepasados que xa morreron, e pola nosa terra.

A nosa Diocese vive tamén hoxe inmersa na problemática propia da sociedade actual, na que experimentamos o risco constante de esquecer a fe e ao noso Señor, e de non cumprir os dous grandes mandamentos que El nos deixou, o amor a Deus con todo o corazón e ao próximo como Xesús mesmo nos amou. Vemos así problemas nas nosas casas e familias, nas que con frecuencia o fundamento do amor matrimonial se desfai ou incluso se nega, nas que ás veces os nosos maiores xa non poden ser ben atendidos, nas que nacen poucos nenos. Deste modo crece a soidade –hai quen morre só entre nós–, baléiranse as casas –sobre todo nas nosas aldeas–, e cústanos moito educar aos fillos, que seguen modelos moitas veces brillantes pero baleiros, lonxe da fe. E vemos tamén riscos no traballo e co diñeiro: o de non ter emprego ou o salario digno que se necesita; pero tamén o de caer na busca do diñeiro fácil, sacrificando moitas cousas, incluso á honestidade no traballo. Ás veces sufrimos pola forza de mentalidades que negan a verdade da nosa fe en Deus, ou que negan bens tan necesarios como o dereito á vida, a nacer e morrer segundo a vontade de Deus, ou o significado mesmo do matrimonio para a familia.

Vimos hoxe aquí para pedir o teu auxilio e a túa intercesión, en primeiro lugar por nos mesmos, para que poidamos gozar da gran perdoanza que renove as nosas vidas, as nosas familias e a nosa Igrexa; para que saibamos vivir como verdadeiros discípulos do Señor, unidos como comunidade eclesial, capaces de facer presente na nosa sociedade unha proposta e unha esperanza coa nosa propia maneira de vivir. Necesitamos para iso tamén sacerdotes, que continúen a misión apostólica nas nosas parroquias, que teñan o ímpeto da xuventude e a paixón que te movía tamén a ti. A lista das nosas peticións sería interminable; preséntanchas os corazóns de cada un de nós, xa que non podemos dicilas todas en voz alta.

Pero queremos pedirche en particular, querido Santiago, unha cousa: algo da audacia e da confianza coa que respondiches ó Señor Xesús cando che preguntou, a ti e ao teu irmán Xoán, se poderiades beber o cáliz que El tiña que beber. ¡Podemos! Respondiches entón, e ¡podemos! queremos responder tamén nos, tranquilos pola túa presenza e a do noso Señor, seguros de que a nosa forza nos vén do Pan e o Viño convertidos na Eucaristía en comida e bebida de salvación.  Confiamos na túa intercesión ante Xesús noso Señor, para que todos nós camiñemos xuntos como Igrexa diocesana, certos e unidos na fe, capaces de contribuir ó ben da nosa terra. Coa túa axuda esperamos, santo Apóstolo, ver cumprido o noso desexo, que a nosa Diocese sexa unha comunidade viva que saiba continuar a túa misión evanxelizadora, hoxe no noso mundo. Amén.

 

Pregrinación Diocesana