Presentación do número 37 de LVCENSIA

 

Presentación do número 37 de Lvcensia

  

 

   A misión que ven realizando Lvcensia dende os seus inicios é a de investigar pasa sacar á luz  eses grandes valores da vida de Lugo. Na procura de tesouros escondidos na historia, camiñan os tres primeiros ESTUDIOS deste número que se acaba de presentar. O investigador Oscar González Murado pescudou en documentación de primeira man os avatares do proceso bélico da Guerra da Independencia na Diocese de Lugo, alu­meando feitos de fai agora douscentos anos; o Prior de Samos, José Luís Vélez e a investigadora Carolina Casal descobren o importante papel do Mosteiro de Samos na Salus Hispaiae, ou "Reconquista", influindo en decisións que foron bisagra de historia; investigacións es­tas dúas que se completan con profundas interpretacións dese tras­cendental influxo de Los monjes en la conformación de Galicia, Espa­ña y Europa, na palabra de Benedicto XVI e Segundo Pérez.

  Verdadeiro tesouro para a vida e a economía de Galicia é a tecno­loxía do mar na rexión, que a investigadora responsable de planta do Centro de Cultivos Marinos de Ribadeo, Lugo, nos ofrece nunha deta­llada exposición, das distintas áreas e obxectivos.

    E develando segredos da filoloxía, da historia eclesiástica e munici­pal local, así como das terras de Friol e da montaña luguesa, os inves­tigadores Nicandro Ares Vázquez, Gonzalo Fraga Vázquez, Adolfo de Abel Vilela, Jaime Delgado Gómez e Luís López Pombo escriben sobre o seguinte, por orden sucesivo: Toponimia do Concello de Baleira; O Arciprestado de Abeancos, vida parroquial nos s.XVII-XIX; Os alcaldes de Lugo no século XVIII, lista e procedemento de elección; La iglesia de Carlín (friol) y su interés histórico y arqueológico; e A Casa de los Armesto y Ron, Veiga de Forcas, Pedradita do Cebreiro, Lugo.

   No mesmo nivel de indagación e análise, pero de forma algo máis resumida, na sección de COMENTARIOS escriben: Manuel Rodríguez Sánchez  sobre Libros litúrgicos en la Biblioteca del Seminario; Xulio Xiz Ramil fai crónica da Historia e cumpreanos do Orfeón Lu­cece, 128 anos da fundación e 25 da refundación; e, finalmente, Cé­sar Gómez Buxán e Francisco Rubia Lemos evocan, co seu toque de épica saudade, os Primeros pasos del fútbol en Lalín, Crónica de un partido histórico.

   Evocación de tono maior e por dobre capítulo, ofrécenos o TEX­TO: polo autor en polo tema. Nada menos que o ilustre rector que foi do Seminario de Lugo, numerario da Real Academia Galega da Lin­gua, Don Francisco Vázquez Saco, facendo (escribindo, neste caso) Algunas consideraciones en torno a la cantiga LVXXII del Rey Sabio, que describe -como é sabido- un milagre de Santa María de Lugo (Virxe dos Ollos Grandes) sanando "unha muller tolleita dos pés e das maos".

   Tesouros son, finalmente, os LIBROS de recente publicación, que profesores do Seminario e outros especialistas nos distintos temas reseñan, facendo a debida análise e comentario, para orientación de tódolos lectores. E, para o máis doado acceso ós contidos dos dous números (36 e 37) deste volume XVIII, os INDICES de materias e por autores cerran a edición.