Presentación do libro: “El Canto de los mirlos”

 Mirlos
Manuel Areán, Mario Vázquez, Antonio García Rubio, Francisco Miramontes e Daniel García

  O salón de actos da Fundación Caixa Galicia acolleu o pasado 28 de febreiro a presentación do libro “El Canto de los mirlos”. Son autores Francisco Xavier Castro Miramontes, franciscano de Santiago de Compostela, e Antonio García Rubio, sacerdote de Madrid.

 A presentación consistíu nunha mesa redonda, moderada por Daniel García, Rector do Seminario, na que participaron, ademais dos autores, Mario Vázquez Carballo, director do Instituto Telóxico Lucense, e Manuel Areán Fernández, párroco de San Clodio.