II Congreso de Educadores — 5 de mayo de 2012

II Congreso de Educadores Católicos
 
 Máis de 150 profesores asistiron o pasado 5 de maio ó II Congreso de Educadores Católicos, organizado pola Vicaría de Ensino e a Delegación de Pastoral Universitaria da Diocese de Lugo, que dirixe Mario Vázquez. O lema deste ano foi “Ilusión pola Verdade”.   Abría a xornada a conferencia de Mons. Manuel Sánchez Monge, Bispo de Mondoñedo-Ferrol, sobre a “Identidade e método do educador católico: ilusión pola verdade”.
 Tería lugar a continuación unha mesa redonda onde profesores de distintos centros presentaron a súas experiencias educativas. O decano da Facultade de Formación do Profesorado, Francisco Rodríguez Lestegás, presentou o ensino “dende a escola á facultade. 1842-2011”. Un membro do equipo de educadores de Preescolar na Casa falou desta iniciativa creada po un sacerdote lucense no ámbito de Cáritas, como pioneira no ensino galego de cara á educación nas idades temperás da vida. Pechou as intervencións a directora de centro María Auxiliadora-Salesianos, Concepción Muñoz, salientando o labor educativo desta comunidade relixiosa como acción integral, procurando unha educación con mozos, non para os mozos, o que convleva unha implicación de vida.
 Pola tarde os mestres e cantautores Mini e Mero amenizaron a sobremesa, para rematar coa homenaxe a educadores ilustres e a clausura oficial a cargo do Xefe Territorial da Consellería de Educación en Lugo, José Ramos Ledo e o Bispo de Lugo, Mons. Alfonso Carrasco Rouco, que acompañou ós participantes durante toda a xornada.
Estes congresos pretenden crear un espazo de encontro para os educadores católicos: mestres xubilados ou en activo, alumnos de Maxisterio, profesores de Instituto, de Universidade,  sacerdotes ou catequistas na diocese de Lugo. Estiveron presentes tamén docentes de de toda Galicia, así como membros dos sindicatos. Tanto ponentes como participantes quedaron sorprendidos positivamente tanto polo número de asistentes como pola boa organización do evento.
 
II Congreso de Educadores Católicos
 
 

II Congreso de Educadores