I Congreso de Educadores Católicos

Congreso de educadores

 A Vicaría Episcopal de Ensino organizou o sábado 7 de maio o PRIMEIRO CONGRESO DE EDUCADORES CATÓLICOS. Este evento tivo lugar no Gran Hotel, en Lugo e con mesmo pretendeuse crear un espazo de encontro para os educadores católicos da Diocese.

Congeso de Educadores

 

Tema: "O Educador católico no século XXI"

Destinatarios: mestres xubilados ou en activo, alumnos de Maxisterio, profesores de Instituto en xeral, profesores de Relixión, profesores de Universidade, sacerdotes e catequistas.

Obxectivos: ademais da importancia da formación conxunta e do encontro, queremos camiñar cara a unha asociación católica de educadores co fin de axudarnos mutuamente ante as dificultades actuais e integrarnos nas asociacións católicas a nivel nacional. Queremos mirar cara ao futuro, analizando, estudando e pensando no mañá. Coñecerse mellor, enriquecerse mediante o intercambio de experiencias e organizarse para estreitar lazos entre todos cantos viven con paixón o mundo da educación cristiá.

Inscrición antes do 30 de abril na Vicaría Episcopal de Ensino.

 

 

Programa:

10:00 Recollida de documentación

10:30 Saúdo de benvida e oración D. Mario Vázquez Carballo Vicario episcopal de Ensino

10:45 Prólogo: Parábola dúas veciños de Suscastros

D. Xosé Manuel Carballo, sacerdote e mestre

11:00 O educador católico no s. XXI

Dª Begoña Ladrón de Guevara Pascual

Lic. en Historia da arte, profesora no Centro Universitario Villanueva (Univ. Complutense), nai de tres fillos e presidenta de COFAPA (Confederación de Asociacións de Pais de Alumnos)

12:00 Descanso

12:30 A docencia como caridade intelectual

D. José Mª Alsina Roca

Catedrático de Filosofía, Director do Centro Superior do Instituto CEU de Humanidades Ángel Ayala e Reitor honorario da Univ. CEU Abat Oliva de Barcelona

13:30 Mesa redonda: Crise educativa e resposta cristiá

Introduce: Dª Mª Rosa de la Cierva Membro do Consello Escolar do Estado

Participan: D. José Mª Alsina

Dª Begoña Ladrón de Guevara

Dª Mª Rosa da Cerva

Dª Concepción Aramburu Sánchez

Xefa do Servizo Territorial de Inspección Educativa. Xunta de Galicia

14:30 Comida

16:00 Sobremesa musical

17:00 Clausura

D. José Ramos Ledo

Xefe territorial da Consellería de Educación en Lugo

D. Alfonso Carrasco Rouco

Bispo de Lugo