Exercicios espirituais para membros de Apostolado Segrar

Ejercicios Espirituales  

Días 9 tarde, 10 e 11 de marzo na Casa Diocesana de Exercicios de Lugo  

Exercicios espirituais para Movementos e asociacións de Apostolado Segrar

 Os días 9 (pola tarde), 10 e 11 de marzo a Casa Diocesana de Exercicios de Lugo acolle unha tanda de exercicios espirituais dirixidos por Andrés Pérez Díaz, Vigairo Xudicial da Diocese de Oviedo. Están orientados a laicos non asociados, matrimonios, mozos, universitarios, profesores de relixión e todo cristián laico que busque atoparse con Deus. Organizan as Delegacións Diocesanas de Apostolado Segrar e de Pastoral Universitaria. Outra tanda do mesmo estilo xa tivo lugar os pasados días 2, 3 e 4 de marzo no Mosteiro de Sobrado dos Monxes dirixidos neste caso polo Padre Prior D. Carlos Cuartango.